DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2025 Páx. 16187

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2025 pola que se modifica a Resolución do 17 de xullo de 2020 pola que se regula o funcionamento e se establece a composición da comisión de funcionarización que desenvolverá os procesos de funcionarización convocados ao abeiro do establecido no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

A disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e a disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, establecen as previsións necesarias para facer posible a funcionarización do persoal laboral fixo que realiza funcións ou desempeña postos de traballo de persoal funcionario.

O Decreto 165/2019, do 26 de decembro, establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

O artigo 5 do dito decreto recolle que a comisión de funcionarización é o órgano de selección encargado de desenvolver os procesos de funcionarización que se convoquen.

A Resolución da Consellería de Facenda do 17 de xullo de 2020 (DOG número 152, do 30 de xullo) regula o funcionamento da comisión de funcionarización e recolle no seu anexo a composición da comisión de funcionarización encargada de desenvolver os procesos de funcionarización para o acceso ao subgrupo A1 e a composición da comisión de funcionarización encargada de desenvolver os procesos de funcionarización para o acceso ao resto de grupos e subgrupos.

Debido ao tempo transcorrido desde a publicación da dita resolución, e para os efectos de unificar as comisións, o que redundará nunha maior simplificación dos procesos, e actualizar a súa composición, pola renuncia de varios dos seus integrantes, cómpre modificar o anexo da Resolución do 17 de xullo de 2020 e nomear unha nova comisión de funcionarización que se encargue do desenvolvemento dos procesos de funcionarización que teñan como obxecto o acceso ao corpo superior, facultativo superior, de xestión, facultativo de grao medio, técnico de carácter facultativo, administrativo, axudante de carácter facultativo, auxiliar, auxiliar de carácter técnico e agrupación profesional de persoal funcionario.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 38, 43.3 e 44 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Modificar o anexo da Resolución do 17 de xullo de 2020 pola que se regula o funcionamento e se establece a composición da comisión de funcionarización que desenvolverá os procesos de funcionarización convocados ao abeiro do establecido no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia mediante o seu cambio de vínculo xurídico, que queda redactado como segue:

«ANEXO

Comisión de funcionarización que deberá cualificar os procesos de funcionarización que teñan como obxecto o acceso ao corpo superior, facultativo superior, de xestión, facultativo de grao medio, técnico de carácter facultativo, administrativo, axudante de carácter facultativo, auxiliar, auxiliar de carácter técnico e agrupación profesional de persoal funcionario.

Presidencia: Rubén Plaza Martínez, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría: María Dolores Carballal Paradela, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogal: Laura María González-Dopeso Portela, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogal: Pablo Leis Mol, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, subgrupo A1.

Vogal: María Eugenia de Pascual Grasa, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Presidencia suplente: Víctor Gallego Vincent, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría suplente: Alba Flavia Nieto Suárez, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogal suplente: Julia María Villaverde Nimo, persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, subgrupo A1.

Vogal suplente: Alba Montoiro González, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogal suplente: José Luis Montero Senra, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG número 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal