DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2025 Páx. 16265

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS)

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para contratar persoal co fin de cubrir doce prazas de persoal de investigación.

A Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis) anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para contratar persoal co fin de cubrir doce prazas de persoal de investigación.

As bases reguladoras dos procesos selectivos para contratar o persoal estarán dispoñibles na páxina web da Fundación: https://www.idisantiago.es/empleo/

O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2025

Isabel Lista García
Directora da Fundación Pública Galega Instituto
de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis)