DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2025 Páx. 16263

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

ANUNCIO de constitución da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 49.9 dos Estatutos do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, aprobados mediante o Decreto 304/2008, do 9 de outubro, faise público o contido da acta de proclamación da candidatura electa, para a reelección dos cargos da Xunta de Goberno, formalizada o pasado 1 de marzo de 2025.

Os que subscriben, presidente, secretario e vogal da Xunta Electoral, das eleccións á Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, en cumprimento do establecido no artigo 49.9 dos Estatutos,

CERTIFICAN:

Que, por acordo adoptado polo Pleno da Xunta de Goberno, con data do 18 de decembro de 2024, convocáronse eleccións e fixouse como día para a súa realización o 29 de marzo de 2025.

Que na convocatoria de eleccións se observaron todos os requisitos legais que a súa realización exixe, como son a publicidade destas, a elección dos membros da Xunta Electoral, a exposición do censo, os prazos de presentación de impugnacións, etc.

Finalizado o prazo de presentación de candidaturas con data do 28 de febreiro de 2025, tan só foi presentada unha única candidatura. Mediante acordo da Xunta Electoral do 1 de marzo de 2025, aprobouse a proclamación da única candidatura presentada e acordouse, así mesmo, a omisión da realización dos comicios fixados para o día 29 de marzo de 2025.

A teor do exposto e considerando que só foi presentada unha única candidatura e dado que esta cumpre as condicións requiridas, proclámase a única candidatura presentada como electa e a nova Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia queda constituída como segue:

Presidente: Avelino José Samartín Caamaño

Vicepresidente: José Caamaño Martínez

Secretario: José Ramón Rey Álvarez

Tesoureira: María Alicia Rodríguez Díaz

Relator de Cultura: Santiago García Ferrón

Vogal 1º: Belén Martínez Troncoso

Vogal 2º: Laura Casal Fernández

Vogal 3º: Martín García García

Vogal 4º: Isabel López Gómez

Suplente 1º: Aline Karina Canero Rego

Suplente 2º: Álvaro Ruibal Gamallo

Suplente 3º: Marta Almeida Bautista

Suplente 4º: Tania María González Quintela

Suplente 5º: Juan José Bugallo Gardón

Os membros da Xunta Electoral, transcorridos os prazos de impugnación, se os houbo, cesarán automaticamente nas súas funcións.

Segundo o disposto no artigo 49.9, publicarase o resultado das eleccións no Diario Oficial de Galicia (DOG) con carácter de urxencia.

E para que produza os efectos oportunos expídese esta certificación, asinada polos membros da Xunta Electoral, en Santiago de Compostela o 3 de marzo de 2025. Asinado. Presidenta: Sonia Maceda Rodríguez. Secretaria: María Luz Leyenda Rial. Vogal: Silvia Bande Fernández.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2025

Sonia Maceda Rodríguez
Presidenta da Xunta Electoral