DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2025 Páx. 16262

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación VI do estudo de detalle da parcela Z-5 para o sinalamento de aliñacións e volumes.

O Pleno do Concello de Rianxo do 30 de xaneiro de 2025 acordou:

Aprobar definitivamente a modificación VI do estudo de detalle da parcela Z-5 para o sinalamento de aliñacións e volume, asinado o 12 de novembro de 2024.

Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Notificarlles o presente acordo aos propietarios e demais persoas interesadas directamente afectadas polo estudo de detalle.

Comunicarlle á consellería competente en materia de urbanismo a aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Rianxo, 11 de febreiro de 2025

Julián Bustelo Abuín
Alcalde