De conformidade co artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda da Axencia de Turismo de Galicia á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para o apoio técnico, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das actuacións de conservación integral dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia, coas seguintes características:
– Actividades:
1. Servizo de apoio técnico para o control e a vixilancia das actuacións da conservación integral dos Camiños de Santiago, na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Servizo de dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde nas obras de conservación integral dos Camiños de Santiago, na Comunidade Autónoma de Galicia.
O servizo de apoio técnico para o control e vixilancia das actuacións de conservación integral dos Camiños de Santiago consiste na realización das funcións de control cualitativo e cuantitativo, así como de asistencia á dirección de execución ou dirección de contrato recollidas no prego de prescricións técnicas.
O servizo de dirección de execución e de coordinación de seguridade e saúde nas obras de conservación integral dos Camiños de Santiago consiste en asumir a función técnica de dirixir a execución material da obra, controlar cualitativa e cuantitativamente a construción e calidade da obra e a supervisión económica da obra executada, así como as funcións de coordinación de seguridade e saúde recollidas nos pregos de prescricións técnicas.
– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda á Empresa Publica de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) ten natureza intrasubxectiva. Consonte o previsto polos artigos 47 e 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, e para os efectos previstos nos artigos 6.3 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, a Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga) ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Consellería do Medio Rural.
– Prazo de vixencia. A encomenda comeza o 1 de marzo de 2025 e rematará o 28 de febreiro de 2027, e poderá ser prorrogada por un período máximo de 1 ano.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2025
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia
