DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2025 Páx. 16415

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de febreiro de 2025 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido un erro na Resolución do 27 de febreiro de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 45, do 6 de marzo de 2025, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 15829, na columna Persoal destinatario da actividade formativa con código LO25012 Soportes instrumentais de xestión da información de servizos sociais comunitarios municipais. A historia social única electrónica (HSUE). SSCOMU, SIGAD-concellos

Onde di:

«Persoal dos equipos de soporte técnico dos sistemas de información implicados (HSUE, SSCOMU e SIGAD) baixo a coordinación e supervisión da Dirección Xeral de Inclusión Social, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria e da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)».

Debe dicir:

«Persoal empregado público dos servizos sociais comunitarios municipais, especificamente aqueles que sexan usuarios da aplicación HSUE, SIGAD-concellos e SIUSS».