En sesión que tivo lugar o 5 de marzo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de setembro de 2024 (DOG núm. 191, do 3 de outubro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. Modificar, con base nas alegacións presentadas, a puntuación obtida por seis (6) persoas aspirantes, das que unha delas pasa a superar o primeiro exercicio do proceso selectivo; acadaron así a puntuación mínima de 40 puntos un total de 192 persoas aspirantes e non varía o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación unha vez feitos os descontos correspondentes.
Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións.
Terceiro. Publicar as novas puntuacións obtidas por estas seis (6) persoas aspirantes no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025
Verónica Tellado Barcia
Presidenta do tribunal
