DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2025 Páx. 16432

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), pola que se fan públicos a data e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 5 de marzo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de setembro de 2024 (DOG núm. 191, do 3 de outubro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 26 de marzo de 2024, a partir das 9.00 horas, no estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20 de Santiago de Compostela.

A distribución das persoas aspirantes convocadas, especificando o horario de realización da proba, publicarase no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

De acordo co establecido na base II.1.1.2 da convocatoria do proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán acudir á realización da proba provistas dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, no cal se faga constar que non presentan enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba. Co obxecto de verificar a validez deste certificado, as persoas convocadas deberán achegalo a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal), no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025

Verónica Tellado Barcia
Presidenta do tribunal