DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2025 Páx. 16433

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba física do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

Mediante a Resolución do 30 de novembro de 2023 (DOG núm. 231, do 5 de decembro), da Dirección Xeral da Función Pública, convocouse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

Segundo o disposto no punto 2 do punto terceiro do procedemento de acreditación de méritos e requisitos publicado pola Resolución do 28 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, e ao abeiro do disposto no punto primeiro da Resolución do 22 de xuño de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 119, do 23 de xuño), convócanse para o día 26 de marzo de 2025, a partir das 9.00 horas, no estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, nº 20 de Santiago de Compostela, para a realización da proba física, en chamamento único segundo a distribución que se publicará no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados

Á realización desta proba de aptitude física están convocadas todas as persoas solicitantes de postos que teñan ese requisito indispensable así como, cautelarmente, as persoas excluídas ou non incluídas na listaxe de persoas admitidas ao concurso que poidan optar aos ditos postos.

De acordo co establecido no punto primeiro da Resolución do 22 de xuño de 2023 (DOG núm. 119, do 23 de xuño), as persoas aspirantes deberán acudir á realización da proba provistas do seu DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un médico colexiado en exercicio, no cal se faga constar que non presentan enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de tres meses respecto da data de realización da proba. Co obxecto de verificar a validez deste certificado, as persoas convocadas deberán achegalo a través do procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal