En relación co Acordo do 30 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do proxecto de rehabilitación, peche e abandono da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Pedra Facha, núm. 73, situada no concello de Val do Dubra (A Coruña), promovido pola sociedade Francisco Gómez y Cía, S.L. (DOG núm. 7, do 13 de xaneiro de 2025), advertido un erro na exposición da documentación no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería, este departamento territorial
ACORDA:
Abrir un prazo adicional de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente emenda no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se somete a información pública a indicada actualización do proxecto de rehabilitación, peche e abandono da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Pedra Facha, núm. 73.
Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinalo nas dependencias da Sección de Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da dita consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras e formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, que se presentarán en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Transcorrido o período de información pública proseguirase coa tramitación do dito proxecto cuxa autorización compete á Consellería de Economía e Industria ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.
A Coruña, 28 de febreiro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
