DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2025 Páx. 16553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa no concello de Petín (expediente IN407A 2024/59-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase aos titulares que figuran no cadro anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA RUA806 no treito entre os apoios números 10 e 12, situada no concello de Petín.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requíreselles para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, a súa folla de valoración, na cal concretarán, de xeito motivado, o valor en que consideran a servidume imposta e alegar o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 26 de febreiro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/59-3.

Instalación: regulamentación LMTA RUA806 no treito entre os apoios núm. 10 e 12.

Concello: Petín.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Nº de predio

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do depósito previo

1

Penelas

32061A018012580000TR

Herdeiros de Felisa Quiroga Fernández

Enderezo descoñecido

21.2.2025

2

Penelas

32061A018012740000TW

Herdeiros de Josefa Diéguez Chepe

Enderezo descoñecido

21.2.2025