DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2025 Páx. 16586

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO das bases e da convocatoria para a provisión dunha praza de técnico/a de administración (subgrupo A2), da escala da Administración xeral, subescala técnica, dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 029, do 5 de febreiro de 2025, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria de probas selectivas para a cobertura, por quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público, dunha praza con vínculo laboral fixo de técnico/a de administración (subgrupo A2), da escala da Administración xeral, subescala técnica, polo sistema de concurso-oposición.

De conformidade co disposto no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Vilalba, 10 de febreiro de 2025

Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa