O 7 de febreiro de 2025 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas ditou resolución pola que se declarou a utilidade pública, en concreto, sobre o predio número 114 da relación de bens e dereitos afectados (RBDA) da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente ao incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira, nos termos municipais de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), e que promove Begasa (expediente 2021/109 ATE), que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 38, do 25 de febreiro de 2025.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo deste anuncio, para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, sita na rúa Avelino Pousa Antelo, 5 (Edificio Inega), en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2025
Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas
ANEXO
Resolución: declaración de utilidade pública, en concreto, sobre o predio número 114 da RBDA da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente ao incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira, nos termos municipais de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo).
|
Propietario |
Datos do predio afectado |
||
|
Nº |
Referencia catastral |
Concello |
|
|
Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (Rpta. Gumersindo Castro Ledo) |
114 |
27044F00200005 |
A Pastoriza |
|
Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (Rpta. Hros. Lisardo Castro Ledo) |
|||
