DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2025 Páx. 16723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se fai pública a resolución de autorización da ampliación do perímetro do aproveitamento de recursos da sección A) monte Redondo número LU/A/0325, no concello de Vilalba.

O Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Minas asinou o día 11 de febreiro de 2025 a resolución de autorización da ampliación do perímetro do aproveitamento da explotación que a seguir se describe:

Nome: monte Redondo.

Número de expediente: 325.

Recurso: saburra destinada a obras da construción.

Superficie afectada: 5,8014 ha.

Termo municipal: Vilalba.

Titular: José Sanjurjo Construcciones, S.L. (CIF: B27172956).

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 14 de febreiro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo