DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 27 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais procedentes da captación Daniela, constituída polos pozos Daniela I e Daniela II, no termo municipal de Ponte Caldelas (Pontevedra).

O 7.3.2023 a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación resolveu declarar a condición de termais aptas para o aproveitamento lúdico das augas que emerxen dos pozos Daniela I e Daniela II, no termo municipal de Ponte Caldelas, na provincia de Pontevedra.

Actualmente, este departamento territorial está tramitando a solicitude de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais procedentes da captación Daniela, constituída polos pozos Daniela I e Daniela II, nas instalacións proxectadas polo Concello de Ponte Caldelas no antigo balneario de Ponte Caldelas, xunto á marxe dereita do río Verdugo, nas proximidades da captación dos pozos.

De conformidade co disposto no artigo 9.2 da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia,

ACORDO:

Someter a información pública a solicitude de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais procedentes da captación Daniela, constituída polos pozos Daniela I e Daniela II, coas seguintes características:

Nome: captación Daniela constituída polos pozos Daniela I e Daniela II.

Promotor: Concello de Ponte Caldelas.

Recurso: augas termais para uso lúdico.

Termo municipal: Ponte Caldelas.

Situación: coordenadas UTM (ETRS89) fuso 29:

X

Y

Daniela I

541.253,49

4.692.775,50

Daniela II

541.253,08

4.692.775,99

O que se fai público para coñecemento xeral e, en particular, das persoas propietarias de terreos, bens e dereitos comprendidos no perímetro de protección, para que poidan examinar a documentación e, de ser o caso, presentar as súas alegacións dentro do prazo de 30 días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Toda a documentación poderase consultar nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, núm. 43, 5º andar, 36071 Pontevedra) e a través da seguinte ligazón da web da Consellería de Economía e Industria: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Pontevedra, 27 de xaneiro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra