DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se conceden a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2022/135-1).

Expediente: IN407A 2022/135-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación LAMT CDR803 Valdoviño 3 entre os apoios ASAQHWCC//86-3 e ASF6VVXO//86.

Concello: Valdoviño.

Feitos:

1. O día 13 de abril de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co fin de realizar obras de regulamentación na liña de distribución de media tensión LMT CDR803 Valdoviño 3 (expediente 7989/24561) por danos e irregularidades en dous apoios, proxéctase a substitución de dous apoios de formigón, instalando dous apoios metálicos de celosía e o regulado do condutor nos vans adxacentes.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000 e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: regulamentación LAMT CDR803 Valdoviño 3 entre os apoios ASAQHWCC//86-3 E ASF6VVXO//86, asinado o 9 de febreiro de 2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial, con núm. de colexiado LE-1010.

• Anexo, asinado o 7 de xuño de 2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, con núm. colexiado 15.670 de Madrid.

• Anexo, asinado o 7 de marzo de 2024 por Carlota Martínez Rúa, graduada en Enxeñaría Eléctrica, con núm. de colexiada 4.776 de Vigo.

• Contestación ao requirimento, asinado o 11 de novembro de 2024 por Carlota Martínez Rúa, graduada en Enxeñaría Eléctrica, con núm. colexiada 4.776 de Vigo.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 5 de setembro de 2022, publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 23 de setembro de 2022, co número 182.

• BOP: 2 de setembro de 2022, co núm. 167.

• Xornal La Voz de Galicia: 17 de setembro de 2022.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo o certificado municipal do Concello de Valdoviño do 18 de xullo de 2023.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. O 3.8.2022, a empresa promotora achegou unha solicitude en que manifesta que, logo de novas xestións realizadas, emenda os datos de propiedade da parcela núm. 2, que figuraba na relación de bens e dereitos afectados do anexo do acordo da Xefatura Territorial da Coruña polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Valdoviño. A nova relación de bens e dereitos afectados é a que figura como anexo a esta resolución e na cal consta só a parcela núm. 1 porque se chegou a un acordo coa propietaria do predio núm. 2, Mª Jesús Grandal Varela.

5. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puider prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe a Augas de Galicia-Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e ao Concello de Valdoviño. No día desta resolución non consta no expediente resposta dos organismos afectados ás solicitudes de condicionados.

6. O día 24.1.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente situadas están no concello de Valdoviño.

• Regulado LMTA a 20 kV de 301 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. ASAQHWCC//86-3 existente da LMT CDR803 Valdoviño 3 (expediente 7989/24561) e remate no apoio núm. ASF6VVXO//86 existente. Substitución do apoio núm. ASBCOURD//86-2 de formigón existente por un novo apoio de celosía metálica de tipo AG-C-2000/14 e substitución do apoio de formigón núm. ASDDJLMI//86-1 por un novo apoio de celosía metálica de tipo A-AL-C-1000-14.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o esixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente IN407A 2022/135-1

Regulamentación LAMT CDR803 Valdoviño 3 entre os apoios ASAQHWCC//86-3 e ASF6VVXO//86

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Valdoviño

Predio

proxecto

Persoa

propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo

pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Natureza

do

terreo

Apoio núm.

Superficie

(m2)

ml. aér.

ml. sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Desiderio Foncasta

098903NJ6299N0001UJ

Agro do Muíño

ASBCOURD//86-2

2.0

Urbano. Solo sen edificar

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.