DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se denega a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2023/397-1).

Expediente: IN407A 2023-397-1.

Promotor: UFD.

Proxecto: Proyecto para LMTS, CT e RBT calle Bañil.

Concello: Oleiros.

Feitos:

1. O día 21 de setembro de 2023 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación de distribución eléctrica.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro) presentan o proxecto de execución denominado Proxecto para LMTS, CT e RBT rúa Bañil asinado o día 9 de xuño de 2023; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– DOG: (13 de novembro de 2023).

– BOP: (25 de outubro de 2023).

– Xornal La Voz de Galicia: (10 de novembro de 2023).

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 15 de marzo de 2024.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública, Karina Menéndez Lago, mediante escritos recibidos o 29 de decembro de 2023 e 4 de xuño de 2024, solicita que se opte por instalar o centro de transformación noutra parcela alegando en síntese o seguinte:

A súa parcela, se ben aparece como urbana sen edificar, o día 2 de xuño de 23 solicitaran licenza municipal para a construción dunha vivenda unifamiliar, que se aprobou o día 28 de decembro de 2023.

Que a parcela que linda coa rúa Bañil polo lado leste, cruzando a rúa, non ten uso e con cualificación de rústico de uso agrario e propón este lugar para a instalación do centro de transformación.

Que existe limitación ao establecemento de servidume ao contar con licenza municipal de obras e ser a súa parcela dunha superficie inferior a media hectárea polo que estaría dentro das excepcións que sinala a normativa.

O promotor en datas 22 de febreiro de 2024 e 1 de xullo de 2024 contesta estas alegacións do seguinte xeito:

Na data da solicitude da autorización administrativa de construción a parcela non estaba nin pechada nin edificada e a concesión da licenza de construción é posterior á súa solicitude.

Non consta a presentación de consentimento dos novos afectados segundo a proposta da reclamante.

Non se acredita o cumprimento das condicións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, polo que non existe limitación ao establecemento de servidume.

O 9 de agosto de 2024 requíreselle a UFD que valore a proposta de localización alternativa do centro de transformación que realiza a solicitante.

O 9 de setembro de 2024 o promotor contesta que a parcela proposta tamén ten a cualificación de urbana e que suporía aumentar a superficie de ocupación con respecto á necesaria na parcela da reclamante. Xa por último expón que a obra tería un custo máis elevado ao ter que retirar abundante volume de terra e ter que construír un muro de contención.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Deputación da Coruña e Concello de Oleiros.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta dos organismos afectados á solicitude de informe.

5. Realizouse unha primeira visita dos servizos técnicos deste departamento territorial o 14 de xuño de 2024 comprobándose que as obras de edificación da parcela xa comezaran e que a parcela estaba pechada mediante valo de obra.

Posteriormente o 4 de outubro de 2024 realizouse unha segunda visita de comprobación na que se comproba visualmente que a localización do CT superponse parcialmente coa vivenda que se continúa construíndo. A parcela continúa pechada mediante valo de obra.

6. O día 30 de outubro de 2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

3. Características técnicas:

I. Novo centro de transformación prefabricado con envolvente de formigón subterráneo telecontrolado GSM/GPRS/FO 2L+1P de 250 kVA/15 kV manobra interior con ventilación horizontal que se van situar na parcela con referencia catastral 3791313NH5939S0001GJ.

II. Novo tramo de LMTS en condutor de tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm² Al con orixe e final os empalmes que se van realizar sobre a liña de media tensión subterránea SAD707 a 15 kV, entre o centro de transformación Santa Cruz Muíño (matrícula 15CQK7) e o centro de transformación Pezoca (matrícula 15CR51) unha vez entra e sae do CT proxectado. Lonxitude total de 264 m.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas na rúa Bañil, concello de Oleiros.

4. No informe técnico do 30 de outubro de 2024 conclúese o seguinte: «(...) Desde un punto de vista técnico non se pode executar a instalación do CT na localización solicitada por coincidir fisicamente coa vivenda que se está construíndo na parcela.

En relación coas alegacións formuladas, e coas manifestacións de UFD Distribución Electricidad, S.A., infórmase do seguinte:

En relación coa existencia ou non de limitacións á constitución de servidume, ben que no momento da visita parece que existe, deberase realizar unha consulta xurídica que aclare este punto e as súas posibles consecuencias, sobre todo vendo a situación actual da edificación.

Respecto da solicitude de modificación da localización do CT á parcela do outro lado da rúa, o solicitante non presenta acordos do terceiro afectado e, segundo a resposta de UFD, a obra tería un custo maior e a cualificación do terreo sería equivalente á da reclamante, polo que non procede considerala. (...)»

5. Debe terse en conta que o artigo 58 «Limitacións á constitución de servidume de paso» da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico establece que «Non poderá impoñerse servidume de paso para as liñas de alta tensión: a) Sobre edificios, os seus patios, currais, centros escolares, campos deportivos, xardíns e hortos, tamén pechados, anexos a vivendas que xa existan ao tempo de decretarse a servidume, sempre que a extensión dos hortos e xardíns sexa inferior a media hectárea».

Á vista do informe técnico do 30 de outubro de 2024 e tendo en conta a normativa citada, constátase a existencia de limitacións ao establecemento de servidume de paso na parcela afectada.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

Denegar a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 3 de febreiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

LMTS, CT e RBT rúa Bañil

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Oleiros

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de

enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Karina Menéndez Lago

Daniel Barcia Castro

3791313NH5939S0001GJ

rúa Bañil

CT

31,64

Urbano. Solo sen edificar