DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia deste departamento.

Despois de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación dos actos administrativos ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou ás persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas deste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Manuel Antonio Martínez Rodiño

Resolución do 5 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada LMTA, substitución do apoio 9XEBUUUR//75 na LMT CBD807 e RC, no concello de Meis (expediente IN407A 2023/014-4).

Elia Rodríguez González

Resolución do 23 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oia (expediente IN407A 2023/157-4).

Olga Alonso González

Roberto Alonso González

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/191-4, relacionado coa solicitude de desistencia da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTS VAA708 e CTC Gonda, no concello de Gondomar.

Rosa Pérez

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/376-4, relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTA GON805, CTI Marín e O Rial, no concello de Nigrán.

Ana María Pazos Iglesias

Blanca Casal Sánchez

Celestino Rodríguez Facorro

Josefa María Iglesias Fernández

María García Veiga

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/396-4, relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMT, CTI Galegos, no concello de Lalín.

Digna González Veiga

María Filgueira Palmas

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2023/397-4, relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMT, CT O Calvar, no concello de Moaña.

Daniel Couñago

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2024/142-4, relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTS e substitución CTI Quintana-Reboreda (36AZ06) por CTC, no concello de Redondela.

Hrdos. Josefa Gestido Gil

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2024/160-4, relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Substitución dos apoios 9T77KDFP//9, 9T6NLQA3//10 e 9T616GSD//11 da LMTA CII818, no concello de Bueu.

José Fernando Otero Vidal

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2024/181-4, relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LMTS, CT Cela, no concello de Bueu.

Celso Canario e fillos

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2024/181-4, relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Regulamentación da LMTA VLG803 no apoio 9S1P4LQN//9S1P4LQM e LMTS VLG803, no concello de Meaño.