Isabel Gómez Fernández, DNI ***5849**, actuando como presidenta da Comunidade de Usuarios de Monte Lourido, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 5 de abril de 2025, no local da Comunidade de Montes de Meira, en Fanequeira (Moaña-Pontevedra), ás 16.00 horas en primeira convocatoria e ás 16.30 horas en segunda, a asemblea extraordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:
1. Renovación da concesión da comunidade.
2. Nomeamento da Xunta Directiva 2025.
Moaña, 17 de febreiro de 2025
Isabel Gómez Fernández
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Monte Lourido
