A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 14 de febreiro de 2025, acordou o nomeamento como funcionario de carreira para ocupar unha praza de programador informático (escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase cometidos especiais, grupo C, subgrupo C1 de titulación), incluída na OEP 2017-2018-2019 por promoción interna, de:
• F. González Núñez, DNI ***4567**.
A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento no DOG. De non facelo, procederase a declaralo en situación cesante e consecuentemente decaído no seu dereito.
A este nomeamento se lle dá publicidade conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 17 de febreiro de 2025
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024 e Acordo da Xunta
de Goberno Local do 28.6.2024)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal
