Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 384/2024, do 18.6.2024, e núm. 33/2025, do 22.1.2025, acordouse realizar as contratacións como persoais laborais fixos, para obter as prazas obxecto de estabilización no proceso selectivo con expedientes 2022/E001/000047 (socorrista de piscina) e 2024/E001/000024 (técnico/a Minas San Finx), a favor de:
|
Identidades dos aspirantes |
DNI |
Posto |
|
Quintáns Vila, Ramón Garrido Silva, Mónica |
***8454** ***3482** |
Socorrista de piscina Técnico/a Minas San Finx |
O que se publica no cumprimento da base xeral núm. 13 e Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Contra a Resolución da Alcaldía poderán interpoñerse, alternativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses, segundo os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (LPACAP), e o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen oportuno.
Lousame, 4 de febreiro de 2025
Mª Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa
