Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario número 379/2024, interposto polas persoas con DNI 34869426T, 35766860C e 36034082M, contra a resolución desestimatoria ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 16.10.2024, interposto contra outra do 2.2.2022, expediente POL/96/2017-RP1, pola que se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior ao da comisión da infracción, débese proceder á demolición da edificación para uso residencial, soleira, pérgola metálica, grella e muro interior divisorio, sitos nas parcelas catastrais 36008A49002660000YJ e 001108300NG17H0001BI, no lugar de Santa Marta, no concello de Cangas, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no prazo máximo de tres meses, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra.
Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 36041425B para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2025
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
