DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas nos concellos de Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade que supón a extinción das concesións con clave DH.A36.03323 e DH.A36.10488 (expediente DH.A36.91715).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Concello de Ponte Caldelas.

Expediente: DH.A36.91715.

Volume total anual: 183.346,80 m3/ano.

Destino: abastecemento.

Orixe: dúas (2) captacións de río e dezaoito (18) mananciais (M1 a M18).

Captación do río Calvelle: parcela 9101, polígono 67 do catastro de Cerdedo-Cotobade.

Captación do río Verdugo en Ponte Caldelas.

M1 a M12, M17 e M18 na parcela 19, polígono 6 do catastro de Ponte Caldelas.

M13, M15 e M16 na parcela 1, pol. 6 do catastro de Ponte Caldelas.

M14 na parcela 465, polígono 53 do catastro de Ponte Caldelas.

Lugar: Calvelle, Ponte Caldelas, Cuñas e Caldelas.

Parroquia: Aguasantas e Ponte Caldeas.

Concello: Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas.

Descrición:

A auga procedente do río Calvelle condúcese a depósito Laxioso (parc. 83, pol. 6), do que parte rede de distribución denominada Laxioso e conducións a depósito Parada (parcela 1186, polígono 9) que abastece o lugar de Parada, e a depósito Fraga (parcela 301, polígono 9) que abastece o lugar de Fraga. A auga de M1 a M13 e M15 a M18 condúcese a arqueta de reunión xeral e desta a depósito Catro Ventos (parcela 107, polígono 53), á cal chega tamén a de M14. Deste depósito parte rede Catro Ventos, ademais de complementar a de Laxioso. A captación do río Verdugo bombéase a depósito Catro Ventos cando é precisa.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 10 de febreiro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur