DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.07388, outorgada o 24 de xuño de 2005, no concello de Ponte Caldelas (expediente DH.A36.106075).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios Buchabad.

Expediente: DH.A36.106075.

Volume total anual: 31.775,10 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,63 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: vinte e seis (26) mananciais: M1 a M26, e un (1) pozo.

M1 a M15 na parcela 2, polígono 3.

M16 a M19 na parcela 105, polígono 14.

M20 a M26 e pozo na parcela 96, polígono 15.

Todas do catastro de Ponte Caldelas.

Lugar: Buchabade.

Parroquia: Tourón.

Concello: Ponte Caldelas.

Descrición:

A auga de M1 a M26 reúnese para conducila a depósito 2 na parcela 92, polígono 15. De este pasa a depósito 1, na mesma parcela, que recibe tamén a auga do pozo cando é precisa. Do depósito 1 parte rede de distribución cara ás vivendas e locais que abastece a Comunidade no lugar de Buchabade, Tourón (Ponte Caldelas).

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 21 de xaneiro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur