DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2025 Páx. 16851

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2025 pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, convocado pola Resolución do 23 de setembro de 2024.

Mediante a Resolución do 23 de setembro de 2024, o director do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) convocou un proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio ACSUG (DOG núm. 187, do 27 de setembro).

A base II.1.2.6 da convocatoria establece que o anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo http://www.acsug.es/gl/acsug/transparencia/persoal, con corenta e oito (48) horas hábiles, polo menos, de antelación á sinalada para o seu inicio.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas con carácter definitivo no concurso-oposición, para a realización do exercicio establecido na base II.1.1.1, na sede de ACSUG, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, Edificio Fontán, 2º andar, 15707 Santiago de Compostela, o día 26 de marzo de 2025 ás 10.00 horas.

Segundo. As persoas aspirantes deberán acudir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.

Terceiro. Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderán utilizar auriculares nin manipular de ningunha maneira aparellos electrónicos, tecnoloxía dixital, telefonía móbil, reloxos ou soportes con memoria. Está prohibido o acceso ao recinto de realización das probas con tales dispositivos.

Cuarto. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2025

José Eduardo López Pereira
Director do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia