DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 17056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de marzo de 2025, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a resolución de modificación de bens ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do proxecto de interese autonómico Novo Hospital Universitario da Coruña (CHUAC) (clave AC/21/215.30.0).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultar infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de modificacións efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do Proxecto de interese autonómico Novo Hospital Universitario da Coruña (CHUAC), clave AC/21/215.30.0 no concello da Coruña.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución de modificación de bens e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 3 de marzo de 2025

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

AC/21/215.30.0

2-18

9583102NH4998S0000EA

Fomento de La Coruña, S.A.