DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 17057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 28 de febreiro de 2025, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da Inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que estimen pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Axencia de Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2025

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento

Signatura

Titular

Enderezo

Concello

Club 6000

V-PO-005519

Ernesto Pérez Pérez

Lugar Barbeitos, San Xurxo de Sacos, 28

Cerdedo-Cotobade

Lady Ana

V-PO-005232

Ana María García Vázquez

Lugar San Xurxo de Sacos

Cerdedo-Cotobade

San Paolo

V-PO-003621

Manuel Santos Paulos

Lugar San Xurxo de Sacos

Cerdedo-Cotobade

O Niño

V-PO-004288

Serafín Abel González Rodríguez

Rúa Barrio Miranxe

O Rosal

O Rey da Gamba

V-PO-001747

José Luis González Pazo

Travesía de Vigo, bloque 3, 277

Vigo

Harmony

V-PO-001883

Matías Marqués Alije

Rúa Marqués de Valladares, 32

Vigo

Paraisal

V-PO-001784

Manuel Milles López

Travesía de Vigo, 360

Vigo

Llorones

V-PO-000636

Cesáreo Miguélez Pérez

Rúa Luciano Conde, 9

Vigo