DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 17039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro do 2025, da Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo procedemento de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción das obras de estabilización de noiros no porto de Maniños-Barallobre (A Coruña).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

O proxecto das obras que se citan no encabezamento foi aprobado o 20 de setembro de 2024 polo presidente de Portos de Galicia, que, de acordo coa súa normativa de creación, ten neste expediente a condición de beneficiario coas facultades de impulso do expediente, e, para tal efecto, elevou a correspondente proposta de expropiación á Consellería do Mar que ten a condición de Administración expropiante.

A relación de bens e dereitos en que se concreta a declaración de urxente ocupación, que foi sometida a información pública, aparecen recollidos e valorados no devandito proxecto.

Por medio do Decreto 9/2025, do 20 de xaneiro, publicado no DOG núm. 25, do 6 de febreiro, o Consello da Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras de estabilización de noiros no porto de Maniños-Barallobre (A Coruña).

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, designada para actuar como representante da Administración expropiante, resolve convocar os titulares das parcelas parcialmente afectadas pola expropiación forzosa urxente que se reflicten no anexo I a esta resolución, para que comparezan na casa do Concello de Fene ás 10.00 horas do día 25 de marzo de 2025 para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens ou dereitos afectados, e, de ser o caso, os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán á disposición dos interesados no Concello de Fene e na Zona Norte de Portos de Galicia, sita na rúa Pastor Díaz, 13, 1º, Lugo.

A este acto deberán acudir os titulares afectados que se identifican no anexo I persoalmente, ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, e podendo comparecer pola súa conta ou, pola súa conta, acompañados polos seus asesores, peritos e/ou notario.

Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, os interesados, así como as persoas que sexan titulares de dereitos reais ou xuros económicos que se puidesen omitir na relación anexa, poderán formular por escrito ante a Secretaría Municipal do concello ou a Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, ata o día sinalado para o levantamento da acta previa, cantas alegacións consideren oportunas para os efectos de emendar os posibles erros da mencionada relación.

Este anuncio notificarase individualmente aos interesados identificados, e será tamén obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, nun dos diarios de maior circulación da provincia respectiva e no taboleiro de anuncios do Concello.

Xúntase a esta resolución como anexo I a relación de parcelas e propietarios afectados pola expropiación.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2025

Roberto Corbal González
Subdirector xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación

ANEXO I

Relación de bens e dereitos de necesaria expropiación

Identificación parcela

Ref. catastral

Poboación e municipio

Propietario/a

Domicilio

Caract.

Sup. catastral terreo e sup. afectada m²

5326854NJ6152N0000KF

Maniños-Barallobre, Fene

Crego Culebras, César

DNI: ***7848**

CM Bouza de Pena, 1, 15500 Fene (A Coruña)

Rural

765,00 m²

53268A1NJ6152N0001HG

Maniños-Barallobre, Fene

Aradas Carril, María Dolores,

Freijomil Aradas, Laura
e Freijomil Aradas, Adrián

DNI: ***1999**, ***1522**, ***1522**

Rúa da Estrada Castela, 47, Es: 1 Pl: 04 Pt: DR 15403 Ferrol (A Coruña)

Rural

128,50 m²

5326895NJ6152N0001RG

Maniños-Barallobre, Fene

Rodríguez Meizoso, Adelaida

DNI:

CM Bouza de Pena, 1, 15500 Fene (A Coruña)

Rural

147,00 m²

5326874NJ6152N0001UG

Maniños-Barallobre, Fene

Lemos Montanet, María del Carmen

DNI: ***1321**

CR da Palma, 113, 15528 (A Coruña)

Rural

37,00 m²

5326894NJ6152N0001KG

Maniños-Barallobre, Fene

Crego Culebras, César

DNI: ***7848**

CM Bouza de Pena, 1, 15500 Fene (A Coruña)

Rural

285,00 m²