DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 17042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños cos números 759, 738, 739, 68, 53 e 54.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 18 de febreiro de 2025, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:

– Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 759 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 81,93 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 738 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 124,97 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 3:

Identificación e localización: parcela número 739 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 539,23 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 4:

Identificación e localización: parcela número 68 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 142,88 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 5:

Identificación e localización: parcela número 53 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 439,69 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 6:

Identificación e localización: parcela número 54 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 237,58 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).

Actual titular: María Elisa Serantes Paz (***5393**).

Novo titular: Rubén Iglesias Serantes (***9061**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Vigo, 18 de febreiro de 2025

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo