DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 17002

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2025 pola que se nombra como persoal funcionario de carreira na escala de auxiliares de clínica do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, tres novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 12 de febreiro de 2025 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira, na escala de auxiliares de clínica do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Niv.

Observ.

45

***6525**

Pellón López, María Ángeles

42

PSC994080115570170

Auxiliar de clínica

PS

Residencia asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial

47

***1082**

Fernández Barros, Elisa

49

PSC994090136440141

Auxiliar de clínica

PS

Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (Redondela)

Servizos periféricos

Redondela

C2

15

Horario especial

48

***3859**

Gómez Conde, María Isabel

44

PSC994080115570221

Auxiliar de clínica

PS

Residencia asistida de Maiores (Oleiros)

Servizos periféricos

Oleiros

C2

15

Horario especial