DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 16999

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), pola que se fan públicos a data e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 10 de marzo de 2025, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 16432, onde di:

En sesión que tivo lugar o 5 de marzo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de setembro de 2024 (DOG núm. 191, do 3 de outubro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 26 de marzo de 2024, a partir das 9.00 horas, no estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20 de Santiago de Compostela.

Debe dicir:

En sesión que tivo lugar o 5 de marzo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de setembro de 2024 (DOG núm. 191, do 3 de outubro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de axentes técnicos en xestión ambiental do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 26 de marzo de 2025, a partir das 9.00 horas, no estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, situado na avenida de Fernando de Casas Novoa, núm. 20 de Santiago de Compostela.