DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 16976

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se inscribe no Rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, a solicitude de depósito do acordo da comisión negociadora do Convenio colectivo da Fundación Monte do Gozo en que se aproban as táboas salariais para o ano 2025.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 24 de xaneiro de 2025 tivo entrada nesta oficina a solicitude de inscrición no rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade do acordo da comisión negociadora do Convenio colectivo da Fundación Monte do Gozo no que se aproban as táboas salariais para o ano 2025.

Segundo. Ao observárense defectos na documentación presentada, requiriuse a corrección destes na data do 11 de febreiro de 2025 e que foi respondida correctamente o 11 de febreiro de 2025.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é competente para resolver en materia de depósito e inscrición no Rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, en virtude do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e do Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segunda. É de aplicación o artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre o rexistro e o depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, esta Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

RESOLVE:

Proceder á inscrición no Rexistro de convenios, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade do acordo da comisión negociadora do Convenio colectivo da Fundación Monte do Gozo no que se aproban as táboas salariais para o ano 2025.

Contra esta resolución poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción desta resolución, de acordo co establecido no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2025

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

Acordo da comisión negociadora do Convenio colectivo da Fundación Monte

do Gozo

En Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2025, ás 16.30 horas, na sede da Fundación Monte do Gozo na dita cidade, rúa Cottolengo, nº 2, por unha parte, a representación da empresa exercida por:

• Ofelia Debén Rodríguez.

• Amalia Calvo Ríos.

e, por outra parte, a representación legal dos traballadores dos centros da Fundación Monte do Gozo:

• Santiago: Laura Rivas Arufe.

• Cernadas: Víctor Figueiras Ventoso.

• Vigo: Vicente Llario Espinosa.

• Ourense: Patricia Pérez Rodríguez.

Teñen unha reunión, por pedimento da empresa, para comunicarlles aos RLT a proposta para actualización dos salarios que están a percibir as persoas contratadas na Fundación Monte do Gozo e os novos horarios dos centros para o ano 2025.

1. A entidade propón un incremento do IPC de 3,5 % no salario base para o ano 2025. A dita subida poderase realizar aínda que as subvencións non cobren o incremento e queren que os RLT transmitan que está situación será difícil de manter, se o convenio estatal segue subindo e as subvencións non soben na mesma proporción.

A RLT dos centros da Fundación Monte do Gozo e a empresa acordan o seguinte:

1. Aceptar a proposta da empresa dunha subida salarial para o ano 2025 de 3,5 % do salario base.

Como consecuencia do acordado, as táboas salariais quedan como segue:

Táboas salariais 2025

(Con efectos do 1.1.2025)

Salario base segundo grupo profesional:

Grupo profesional

Salario base bruto anual

euros

Salario base bruto mensual

× 14 pagas

0

1

25.518,86 €

1.822,77 €

2

23.029,83 €

1.644,99 €

3

20.188,81 €

1.442,07 €

4

17.599,22 €

1.257,09 €

Complemento profesionalidade:

Grupo profesional

Complemento experiencia profesional

Importe bruto anual euros

Importe mensual

×14 pagas

0

1

2

835,96 €

59,71 €

3

760,54 €

54,33 €

4

685,12 €

48,93 €

Complemento non consolidable por coordinación de centro ou área de traballo:

Grupo profesional

Salario base bruto anual

coordinación euros

Salario base bruto mensual

× 14 pagas

0

1

2.514,17 €

179,58 €

2

2.514,17 €

179,58 €

3

4

Complemento de nocturnidade.

O complemento de nocturnidade aboarase a aquelas persoas traballadoras, que presten servizos das 22.00 ás 6.00 horas (salvo que xa estean contratadas expresamente para ese traballo nocturno, polo que xa vai incluído no seu salario), e que se aboará polas horas efectivamente traballadas nunha porcentaxe do 25 % do salario ou en descanso (por elección da persoa traballadora). Para as horas de dispoñibilidade pagarase un complemento segundo o anexo do convenio (56,27 euros fixos mensuais).

Complemento de traballo en sábados, domingos e festivos.

Aquelas persoas que realicen a súa xornada habitual ou ordinaria de traballo de acordo co establecido no seu contrato, en sábados, domingos e/ou festivos, percibirán un complemento por cada hora traballada equivalente ao 25 % do prezo da hora ordinaria, calculada sobre o salario base e da categoría que efectivamente se desenvolve.

Complemento non consolidable por desprazamento:

Distancia entre centros de traballo

Importe bruto mensual

Distancia de 30 a 50 km

150,00 €

Distancia de 51 km. a 90 km

225,00 €

Distancia de 91 o más km

300,00 €

E ás 18.00 horas, dáse por rematada a reunión, na data e lugar do inicio.

Ofelia Debén Rodríguez

Amalia Calvo Ríos

Laura Rivas Arufe

Patricia Pérez Rodríguez

Víctor Figueiras Ventoso

Vicente Llario Espinosa