DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 16984

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se inscribe no Rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de trabalo e plans de igualdade, a acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia en que se actualizaron as táboas salariais para o ano 2025.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 19 de febreiro de 2025 tivo entrada nesta oficina a solicitude de inscrición no rexistro de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo e plans de igualdade da acta da comisión paritaria do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia na que se procedeu á actualización das táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia para o ano 2025.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é competente para resolver en materia de depósito e inscrición no rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, en virtude do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia e do Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segundo. É de aplicación o artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e o artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do precedemento administrativo común das administracións públicas.

Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, esta Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

RESOLVE:

Proceder á inscrición no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo e Plans de Igualdade da Acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia na que se procedeu á actualización das táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia para o ano 2025.

Contra esta resolución poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción desta resolución, de acordo co establecido no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2025

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

Acta da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de actores e
actrices de teatro de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 10.00 horas do día 18 de febreiro de 2024, reúnese a Comisión Paritaria do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.

Parte empresarial:

• Patricia de Lorenzo González (Escena Galega)

• Francisco Javier Núñez Alonso (AGADIC)

Parte sindical:

• Ramón Dopico López (UXT)

• Manuel González Pidre (CC.OO.)

• Adolfo Naya Fernández (CIG)

• José Luis López Roca (AAAG)

O obxecto desta xuntanza é a actualización das táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.

Logo do debate e análise da dita cuestión polas representacións integrantes desta Comisión, procede reflectir en acta o seguinte:

Primeiro. Esta comisión paritaria acorda, por unanimidade, proceder á actualización das táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia para o ano 2025, de conformidade co contido dos dous anexos que se achegan a esta acta.

Segundo. Esta comisión delega no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación desta acta ante a autoridade laboral competente.

Non tendo máis asuntos que tratar, remata a xuntanza ás 11.30 horas do día sinalado no inicio, e esténdese o efecto a esta acta, que asinan todos os asistentes en proba de conformidade.

Patricia de Lorenzo González (Escena Galega)

Francisco Javier Núñez Alonso (AGADIC)

Manuel González Pidre (CC.OO.)

Adolfo Naya Fernández (CIG)

Ramón Dopico López (UGT)

José Luís López Roca (AAAG)

Anexo I

Táboa salarial das compañías privadas

Salario mensual

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Protagonista

2.460,46

2.050,47

Principal

2.170,99

1.794,37

Secundario

1.785,04

1.666,20

Elenco

1.590,71

1.409,86

Salario bolo

Compañías grupos A e B

Protagonista

225,39

Principal

202,67

Secundario

180,47

Elenco

159,31

Retribución por gravación

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Protagonista

517,98

492,24

Principal

466,51

440,78

Secundario

408,60

402,16

Elenco

363,55

349,97

Retribución por gravación

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Axudas de custo Galicia

57,67

Prezo por quilómetro desprazamentos

0,28

Anexo II

Táboa salarial da compañía institucional*

Retribucións

Categoría

salario mensual

Protagonista

3.282,19

Principal

2.468,38

Secundario/a

1.848,01

Cesión de dereitos

Categoría

cesión

imaxe (5 %)

total

Protagonista

522,71

26,14

548,85

Principal

457,24

22,86

480,10

Secundario/a

424,49

21,22

445,71

*Tarifas establecidas pola Xunta de Galicia para o seu persoal en decembro de 2024 e pendentes de revisión.