DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 16988

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2025 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 10 de marzo de 2025

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp no 3º cuadrimestre
do ano 2024

Convenio

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local entre Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Arteixo.

30.9.2024

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares da policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Verín.

9.10.2024

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Burela.

11.11.2024

Sen achega económica

Segunda addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local entre Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Arteixo.

14.11.2024

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares da policía local entre a Consellería de Presidencia, Xusticia e Deportes e o Concello de Ponte Caldelas.

5.12.2024

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares da policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Friol.

11.12.2024

Sen achega económinca