DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 17072

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión, mediante nomeamento interino, de postos da subescala de secretaría-intervención de municipios da provincia de Ourense.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 41, do venres 28 de febreiro de 2025, publicáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a provisión, mediante nomeamento interino, de postos da subescala de secretaría-intervención de municipios da provincia de Ourense.

De acordo co previsto na base 3ª, punto 3, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes, o cal será de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As sucesivas publicacións do procedemento selectivo efectuaranse na páxina web da Deputación Provincial de Ourense (http://www.depourense.gal).

Ourense, 28 de febreiro de 2025

Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense