DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 17073

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal técnico.

Praza: (1) técnico/a superior de proxecto (referencia: EGI-ANERIS-24-TSP1).

Proxecto que se desenvolverá: Aneris, que ten como obxectivo crear, probar e implementar a próxima xeración de ferramentas e métodos científicos para a detección e seguemento da vida mariña.

O prazo de presentación de solicitudes para este posto será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Modalidade contractual: contrato temporal de duración determinada, a xornada completa, para a execución dun proxecto financiado con fondos europeos, regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación.

As bases do proceso selectivo para esta praza están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web:

https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2025

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia