DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 17069

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de convocatoria de posto laboral fixo de axente de emprego e desenvolvemento local.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 50, do 1 de marzo de 2025, publícanse integramente as bases específicas reguladoras do acceso a un posto de carácter fixo suxeito a lexislación laboral para a selección libre de axente de emprego e desenvolvemento local (OEP/2025).

De conformidade co previsto nas referidas bases o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo así como na sede electrónica da web municipal: www.ribadeo.gal

Ribadeo, 3 de marzo de 2025

Daniel Vega Pérez
Alcalde