Mediante a Resolución de Alcaldía deste concello do 11 de febreiro de 2025 aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a seguir se apuntan para o ano 2025.
Persoal funcionario.
|
Denominación |
Escala |
Subescala |
Provisión |
Ano |
|
1. Auxiliar administrativo |
Administración xeral |
C2 |
Oposición |
Decembro 2024 |
|
2. Auxiliar administrativo |
Administración xeral |
C2 |
Oposición |
Decembro 2024 |
|
3. Auxiliar administrativo en Intervención Tesouraría |
Administración xeral |
C2 |
Oposición |
Decembro 2024 |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público do Concello de Castro Caldelas no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia, e a data de cómputo para o desenvolvemento da provisión é a que conste no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo perante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.
Castro Caldelas, 19 de febrero de 2025
Sara Inés Vega Núñez
Alcaldesa
