DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 17065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 24 de febreiro de 2025, da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifican a varias persoas os prazos de ingreso, en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados nesta área sanitaria.

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES42 0081 5363 20 0001083113 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación á persoa interesada e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, e a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Pontevedra, 24 de febreiro de 2025

José Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

DNI/NIF/NIE/nome

Concepto

Período

Débeda

076814416M

Fra. 202405633

25.9.2024

256,87

035477952S

Fra. 202406308

17.10.2024

256,87

035322770Z

Fra. 202406310

17.10.2024

103,86

Y05561657H

Fra. 202406311

17.10.2024

361,59

77181014Y

Fra. 202406734

7.11.2024

14,52

Z1019534H

Fra. 202500499

14.1.2025

582,94

035292500N

Fra. 202500653

15.1.2025

361,59

034962608D

Fra. 202431464

12.11.2024

1.041,00

035364772H

Fra. 202431594

2.12.2024

361,59