DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 2025 Páx. 17063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de marzo de 2025 pola que se notifica a resolución do expediente de reclamación patrimonial con referencia 18/20.

O 20 de xullo de 2020 formúlase a reclamación patrimonial presentada por Leonardo Iglesias Casal por danos sufridos como consecuencia dunha caída no porto de Fisterra, onde indica expresamente como domicilio para os efectos de notificación: rúa Brión, nº 82 A, Leiro, 15960 Rianxo (A Coruña).

Resolto o expediente de reclamación patrimonial con referencia 18/20 e intentada a notificación deste acordo no domicilio de notificación antes indicado, segundo o Servizo de Correos e Telégrafos, S.A., comunícase descoñecido.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselle ao reclamante cuxo domicilio para os efectos de notificación é rúa Brión, nº 82 A, Leiro, 15960 Rianxo (A Coruña), mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio de reclamación patrimonial coa referencia RP 18/20.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do xulgado correspondente da dita orde xurisdicional no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación, conforme o establecido nos artigos 25 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan execer o recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou esta resolución, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación.

O expediente completo está nas dependencias dos servicios centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas, en días hábiles, excluídos sábados, domingos e festivos.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2025

Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia