En sesión que tivo lugar o 6 de marzo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 22, do 3 de febreiro), modificada pola Resolución do 5 de febreiro de 2025 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro) e pola Resolución do 14 de febreiro de 2025 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro), da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador/a social,
ACORDOU:
Primeiro. Aprobar a adaptación solicitada por unha persoa aspirante de conformidade coa base II.1.2.5. da convocatoria do proceso selectivo e convocala para a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador/a social, de acordo coas bases da convocatoria publicada mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro).
Segundo. O primeiro exercicio de oposición terá lugar o 18 de marzo de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas, na sala E, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, localizado en San Caetano, Santiago de Compostela.
Terceiro. A persoa aspirante, de conformidade coa base II.1.2.2, deberá ir provista de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade. Tamén deberá ir provista dun lapis nº 2 e goma de borrar.
Cuarto. Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2025
Laura Fuentes López
Presidenta do tribunal
