Advertido un erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 36, do 21 de febreiro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 13662, onde di:
«(...) o segundo exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, terá lugar o día 29 de marzo de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.»,
Debe dicir:
«(...) o segundo exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, terá lugar o día 29 de marzo de 2025, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 1, 6 e 7 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.».
