DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2025 Páx. 17209

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 6 de marzo de 2025 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para notarías vacantes.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude do concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública do 15 de xaneiro de 2025 e resolto pola Resolución do 20 de febreiro de 2025, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto da Xunta de Galicia 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2025

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

– Adriana Boyer Lillo, procedente de oposición, para a notaría de Ferrol.

– Tamara Casal Esperanza, notaria da Cañiza, para a notaría de Marín.

– Fernando Frías Fontes, procedente de oposición, para a notaría de Cedeira.

– John Pérez Sánchez, procedente de oposición, para a notaría de Quiroga.

– Faustino Rodríguez-Segade Vázquez, notario de Monterroso, para a notaría de Chantada.

– Paula Ulla Campos, procedente de oposición, para a notaría de Allariz.

– Álvaro Álvarez Guerra, procedente de oposición, para a notaría de Viana do Bolo.

– Andrés García-Bengochea Hernández, procedente de oposición, para a notaría de Muxía.

– José Francisco Bódalo Lorente, procedente de oposición, para a notaría de San Sadurniño.

– Miriam Císcar Estruch, procedente de oposición, para a notaría da Pobra de Trives.