DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2025 Páx. 17257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 6 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto industrial estratéxico da industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas, nos concellos de Melide e Santiso (A Coruña), Palas de Rei (Lugo) e Agolada (Pontevedra) (expediente 2024/0004).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 5 de marzo de 2025, do proxecto industrial estratéxico da industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas, nos concellos de Melide e Santiso (A Coruña), Palas de Rei (Lugo) e Agolada (Pontevedra), promovido por Greenfiber, S.L.

A dita declaración poderase consultar na ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade