DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2025 Páx. 17258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS650A (expediente 27/00098-I/24).

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación da resolución ditada no procedemento no último domicilio coñecido da persoa que se cita no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselle mediante anuncio o referido acto administrativo á dita persoa emprazándoa para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), compareza en persoa ou debidamente representada nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo, rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da dita resolución e advírteselle que, de non facelo así, se terá por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Lugo, 21 de febreiro de 2025

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento BS650A

Nº de expediente

DNI/NIE/pasaporte ou similar da persoa interesada

Resolución

Data do acto administrativo

27/00098-I/24

76619992T

Denegación

23.10.2024