DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2025 Páx. 17099

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 6 de marzo de 2025 pola que se fixa o prezo privado para a venda ao público dunha publicación.

O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestándose tamén tales servizos ou actividades polo sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados.

Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente poidan aplicarse subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitirá á de Economía e Facenda o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e logo do informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Queda aprobado o prezo privado de venda ao público da publicación editada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase co IVE incluído.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2025

José Carlos López Campos
Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude

ANEXO

Arquitecturas que falan do seu tempo. 25 €.