DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2025 Páx. 17267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se procede ao depósito e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación dos estatutos da Asociación Agraria de Galicia.

A Asociación Agraria de Galicia, mediante escrito do 24 de febreiro de 2025, presentado por Francisco Bello Bello, achega certificación da asemblea xeral que tivo lugar o día 12 de febreiro de 2025, na cal se aproba o cambio de réxime xurídico da asociación, o que supón o traslado do Rexistro Xeral de Asociacións e posterior baixa nel, para esta oficina de depósitos de estatutos de asociacións sindicais e empresariais.

(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)

Consideracións legais e técnicas: é de aplicación a Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, e o Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais.

A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é competente para resolver en materia de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, en virtude do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e do Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

RESOLVE:

Depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación Agraria de Galicia por cambio de réxime xurídico, nesta oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, así como dar publicidade no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da presente resolución, de acordo co establecido no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2025

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais