O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 17 de febreiro de 2025, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:
Nome do monte: Local Social.
Superficie: 0,0049 ha.
Pertenza: CMVMC da parroquia de Cardelle.
Parroquia: Cardelle (San Silvestre).
Concello: Boborás.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio único:
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindes |
Referencia catastral |
|
002404400NG69G (urbana) |
Norte |
32014A06709019 |
|
Leste |
Terreos sen catastrar |
|
|
Sur |
Terreos sen catastrar |
|
|
Oeste |
32014A06709019 Terreos sen catastrar |
|
O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Ourense, 5 de marzo de 2025
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense
