DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 17 de marzo de 2025 Páx. 17440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 6 de marzo de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Portela, Outeiro e Veiga, no concello de Muíños.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 17 de febreiro de 2025, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Portela, Outeiro e Veiga, no concello de Muíños, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 8 de xaneiro de 2024, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito da CMVMC de Tourós, dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Ampliación de Portela, Outeiro e Veiga.

Segundo. O 4 de novembro de 2024, o Xurado Provincial acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:

Nome do monte: ampliación de Portela, Outeiro e Veiga.

Superficie: 1,00 ha.

Pertenza: CMVMC de Tourós.

Parroquia: Barxés (Santa María).

Concello: Muíños.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32052A02301480

32052A02301481

Norte

32052A02301483

32052A02301482

32052A02209001

Leste

32052A02301479

Sur

32052A02301489

32052A02301490

32052A02301493

32052A02301495

32052A02301496

32052A02301497

32052A02301499

32052A02301500

32052A02301501

32052A02301528

32052A02301929

Oeste

32052A02301929

32052A02301930

32052A02301931

32052A02301527

32052A02301526

32052A02301483

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei, «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Ampliación de Portela, Outeiro e Veiga, no concello de Muíños, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 6 de marzo de 2025

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense