Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselle á persoa interesada pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SEQ805-apoio núm. 81-38.
Lugo, 5 de marzo de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente IN407A 2022/45 ATE.
Denominación: Regulamentación LMTA SEQ805-apoio núm. 81-38.
|
Núm. predio |
Polígono |
Parcela |
Cultivo |
Lugar |
Propietario |
|
1 |
67 |
48 |
Monte baixo |
Cruz |
Descoñecido |
